show video detail
Soñemos como galegos!
380K 3.8K 132 04:43
Soñemos como galegos!
  • Published_at:2014-11-07
  • Category:Entertainment
  • Channel:Supermercados GADIS
  • tags:
  • description: MOZO Sei que hoxe é un día moi importante para vós. por iso, quero contarvos o que me pasou a semana pasada. PERRUQUEIRO Que? Como van as cousas? MOZO pois non sei que dicirche… Parece que… temos o optimismo sen adestrar. … A vida debería de vir cun manual de instrucións. CLIENTES Bos días! PERRUQUEIRO Pois aquí tes a catro auténticos filósofos da vida. CLIENTE 3 Home… o noso ten máis de vida que de filosofía. PERRUQUEIRO Nin máis nin menos que os maridos das “Se chove, que chova!”. CLIENTE 2 Somos famosos con sorte. CLIENTE 1 Con sorte de ter as mulleres que temos. CLIENTE 2 Que? De baixonazo? CLIENTE 1 Cantos anos tes? XOVEN Vintecatro CLIENTE 3 Quen os pillase! CLIENTE 1 Imaxinades… volver ter os vinte anos? CLIENTE 4 Pero sabendo o que sabemos. CLIENTE 2 Tes razón, eh? Porque a verdade… ser xoven non é nada fácil… CLIENTE 1 Ás veces cres que todo o teu é malo e que o de fóra sempre é mellor. CLIENTE 3 Pero non te preocupes, porque hai un momento no que te darás conta de que non é así. CLIENTE 1 Que non hai tempos mellores que os teus… CLIENTE 2 E que non hai nada como estar rodeado de boa compañía. CLIENTE 3 Neno: sodes conscientes de todo o que valedes? CLIENTE 2 E está ben que queirades axudar o planeta, Pero empezade axudando na casa. CLIENTE 1 E arriba ese ánimo, que hai que dar exemplo. Algún día ti serás o avó do que contarán anécdotas. Sentíndose orgullosos. CLIENTE 3 Algún día ti serás un catedrático desa auténtica universidade da vida que é a nosa terra. CLIENTE 2 Que ás veces ensina cousas que che parecen normais, pero hai que sabelas. CLIENTE 1 Como comer o marisco, que non é tan fácil. E ben que sabemos. CLIENTE 2 E cando está subindo ou baixando… XOVEN A bolsa? CLIENTE A marea! CLIENTE 3 E ter resposta para todo. NENO Canto vive un pulpo? AVÓ O que o deixen. CLIENTE 3 E outras veces ensina materias importantes e obrigatorias. CLIENTE 1 Como a prudencia, que para nós sempre é a nai da ciencia. CLIENTE 2 E a nosa relación coa verdade. Aos galegos gústannos as cousas de verdade. Por iso somos contundentes á hora de afirmala. PERRUQUEIRO Aí falaches! CLIENTE 2 E prudentes se non o temos claro. Porque non é coma hoxe, que andan todos: "me gusta”, “no me gusta". Os galegos necesitamos un Q.Q.Q.CH.D. XOVEN Un que? CLIENTE 2 Un “Que queres que che diga”. CLIENTE 3 Pois a min gustaríame ter a tódolos xóvenes xuntos e poder recordarlles que antes ou despois terán que afrontar un feito. O mundo depende dos nosos soños. E ás veces, para cumprilos, non importa a idade que teñas, é necesario volver comezar, volver nacer. Soñar sempre será a materia máis importante. Se queremos que pase algo, temos que soñalo. Se queremos que pasen cousas novas, soñemos cousas novas. Porque nesta terra soñar é obrigatorio. Así que soñemos… soñemos… Soñemos como Galegos!!! CLIENTE 2 Sempre para adiante, que o estades facendo ben. CLIENTE 1 Recorda: se hai que volver nacer, nácese. MOZO E así foi como descubrín que para conseguir os nosos soños, os galegos, dalgún xeito, nacemos as veces que faga falta. Así que xa sabedes; agora abride ben os ollos, acostumádevos á luz e disfrutemos do máis marabilloso que temos: a vida. Vivamos como galegos Para cumprir os nosos soños, ás veces é necesario volver nacer e os galegos nacemos.... as veces que faga falta. e se hai que volver nacer, nácese. Soñemos como galegos!
ranked in date views likes Comments ranked in country (#position)
2014-11-08 19,850 856 6 (Spain,#58) 
2014-11-09 130,641 1,974 24 (Spain,#4) 
2014-11-10 192,291 2,577 35 (Spain,#3) 
2014-11-11 250,380 2,954 41 (Spain,#3) 
2014-11-12 291,861 3,211 61 (Spain,#4) 
2014-11-13 312,870 3,400 78 (Spain,#6) 
2014-11-14 338,462 3,551 70 (Spain,#11) 
2014-11-15 352,382 3,643 78 (Spain,#17) 
2014-11-16 361,704 3,701 79 (Spain,#24) 
2014-11-17 368,199 3,754 80 (Spain,#29) 
2014-11-18 373,021 3,788 105 (Spain,#43) 
2014-11-19 377,081 3,819 130 (Spain,#62) 
2014-11-20 380,070 3,845 132 (Spain,#87)