show video detail

Se chove, que chova!
- Published_at:2013-10-31
- Category:Entertainment
- Channel:Supermercados GADIS
- tags:
- description: Guión: - E a vostede que lle poño hoxe? - Nin moño nin melena, algo moderno. - O de sempre. - Dígoche que xa non se pode ler nada, todo son malas noticias... É que che amargan a vida! - Se vos conto o que fixeron os meus netos... Un deles preguntoume se habería algún sitio en Galicia que non se nubrase nunca... E outro dixo que coñecía o home máis sabio de Galicia... E alá foron. Chegaron e, por suposto... era unha muller! - Home!! - E díxolles: - "O único que non se nubra nunca en Galicia é a nosa alegría. Porque a nosa alegría vén da nosa forza, e a nosa forza vén da terra. Os carballos e os acantilados fannos recios. Os ríos un pouco arrevesados. A choiva... creativos. E os seráns, sensibles e morriñentos. - Tola de todo!... E non lles dixo nada? - Díxolles, que hai algo na terra que nos axuda a tirar para adiante. - E é verdade, sempre o fixemos. E en todo o mundo! - E nunca deixamos que nos amargasen a vida! - Isto é boísimo! Tedes que emitilo! - Mira a miña nai, case cen anos, viviu de todo. E cada vez que tiña un problema dicía: "Traballemos moito pero gocemos moito". Por iso non perdeu unha repichoca, eh? - Hai que traballar e gozar con determinación, que somos galegos!! - A nós ninguén nos amarga un plan!! - Se imos á praia... imos á praia! Aínda que sexa con chaqueta! E se nos bañamos sempre dicimos: - Está boísima!!! - E se a cousa se pon fea.... Comida, merenda e cea!!! - E se alguén se pon un pouco pochiño... cen visitas ó día, que non collen na habitación, e como novo!!! - Como di o meu Paco: "Se non me preocupa viaxar no espazo, nunha bola enorme, a miles de quilómetros por segundo, entre meteoritos e lixo espacial, voume preocupar polo demais?" - Que profundo! - Aquí todos somos profundos, filla... - Uns máis que outros... - Tanta preocupación, tanta preocupación... - e a xente seguirá coñecéndose, namorándose... Seguirá abrazándose, quedando, rindo... Porque os galegos sabemos-, que este é o mellor dous mil trece das nosas vidas... - Non hai outro.... - E iso fainos gozar máis da vida, da xente, dos amigos... Así que saiamos aí fóra, gocemos de todo o que temos... E vivamos. Vivamos. Vivamos como galegos!!! - Ai, como chove! - A que está caendo!! - Sabedes que vos digo? Que se chove... que chova!!!
ranked in date | views | likes | Comments | ranked in country (#position) |
---|---|---|---|---|
2013-11-02 | 122,684 | 0 | 0 |
(![]() |
2013-11-03 | 222,188 | 0 | 0 |
(![]() |
2013-11-04 | 314,335 | 0 | 0 |
(![]() |
2013-11-05 | 397,438 | 0 | 91 |
(![]() |
2013-11-06 | 458,177 | 159 | 101 |
(![]() |
2013-11-07 | 512,559 | 444 | 101 |
(![]() |
2013-11-08 | 542,428 | 659 | 158 |
(![]() |
2013-11-09 | 570,514 | 843 | 169 |
(![]() |
2013-11-10 | 599,032 | 1,003 | 180 |
(![]() |
2013-11-11 | 626,347 | 1,186 | 185 |
(![]() |
2013-11-12 | 656,314 | 1,340 | 188 |
(![]() |
2013-11-13 | 690,917 | 1,493 | 194 |
(![]() |
2013-11-14 | 726,684 | 1,671 | 194 |
(![]() |
2013-11-15 | 752,399 | 1,820 | 329 |
(![]() |
2013-11-16 | 779,344 | 1,944 | 333 |
(![]() |
2013-11-17 | 799,843 | 2,062 | 337 |
(![]() |